O obxectivo principal, ademais de camiñar e desfrutar da contorna natural e cultural, é ir recollendo o lixo que nos atopemos ao longo do camiño. Esta iniciativa terá lugar o 21 de xullo, sendo unha maneira diferente de aproveitar o domingo, e á vez coñecer parte do territorio e paisaxes de Valga, sen esquecer a importancia da sustentabilidade.
O punto de encontro será na Casa da Cultura de Ponte Valga pola fresca, ás 9:00 da mañá. A partir de aí comezaremos a nosa andaina pasando por Fontenlo, Cedelo, o miradoiro natural dos Penoucos, os petróglifos dos Penoucos de Campo Redondo, As Laceiras, Os Vilares, o Castro dos Vilares, a necrópole e capela dos Martores, os muíños e Fervenzas de Raxoi, e novamente volta a Ponte Valga.
Recomendacións: imprescindible un saco para recoller o lixo, auga, roupa cómoda, calzado axeitado, traxe de baño, comida, froita, froitos secos…
Duración: aproximadamente 5 horas
Itinerario:
- Casa da Cultura de Ponte Valga (punto de encontro)
- Fontenlo
- Cedelo
- Miradoiro natural dos Penoucos
- Petróglifos dos Penoucos do Campo Redondo
- As Laceiras
- Os Vilares
- Castro dos Vilares
- Necrópole e capela dos Martores
- Muíños e fervenzas de Raxoi
- Casa da Cultura de Ponte Valga (volta ao punto de encontro)
Track: coñece a ruta en Wikiloc ou descárgaa en formato kml de Google Earth.
Unha opinión sobre “Roteiro Penoucos_Valga libre de plásticos”