Sabías que o proxecto obaixoulla.gal | patrimonio + territorio + paisaxe non ten ningún tipo de subvención?
Detrás da pantalla estamos varias persoas que con moitísima ilusión traballamos de xeito altruísta para que todas e todos poidamos desfrutar deste proxecto: desde a web, as redes sociais, o deseño corporativo, o contacto con todas e todos vós, o apoio e contacto asociativo, a documentación sobre os elementos patrimoniais… son algunhas das cousas que facemos no noso tempo libre e que, sen dúbida, non sería o que é se non fose por todas as persoas que colaboran e interactúan co proxecto!
Porén, temos que pagar os custos de mantemento do mesmo: dominio, servidores… Por iso, presentámosvos as bolsas de tea que mais campan do Baixo Ulla!
Para ir ao mercado ou á túa tenda favorita, para meter o libro que tanto che gusta e evadirte no teu recuncho segredo do Baixo Ulla, para ir aos festis (cando volva a habelos), para gardar a túa mascara cando te sentes na terraza do bar a beber na mellor compañía unha deliciosa cervexa artesá… para APOIAR o proxecto!
Sexas ou non sexas do Baixo Ulla, seguro que che gusta a bolsa de tea!
Agradecemos a vosa colaboración e difusión!
Como facerte coa túa bolsa
ESGOTADAS!
Se estás interesado, realiza primeiro o ingreso na conta bancaria indicada e manda despois o xustificante de ingreso ao noso correo electrónico.
PREZO: 9 €
IBAN CONTA BANCARIA: ES06 2080 5447 1430 4010 2784
CORREO ELECTRÓNICO: obaixoulla@gmail.com
Unha vez recibido o xustificante de ingreso, comunicarase a forma de entrega. Se desexas recibila na túa casa, debes engadir 5 € máis en concepto de gastos de envío, no momento de realizar a transferencia bancaria.
Se prefires pagar en efectivo, mándanos un correo electrónico indicando o teu nome e o número de bolsas que queres, para posteriormente poder pasarte pola Cafetería da Casa da Cultura de Ponte Valga, onde poderás pagar e recoller o teu pedido.
Que é obaixoulla.gal?
En decembro do 2019, a Asociación Cultural Os Penoucos presentaba o proxecto colaborativo obaixoulla.gal | patrimonio + territorio + paisaxe. Preténdese recoller nun mapa a totalidade do patrimonio cultural, natural e paisaxístico do territorio polo que discorre o río Ulla no seu treito baixo, antes de deixar de ser río e converterse en ría. Na actualidade están catalogados elementos dos concellos de Catoira (San Mamede de Abalo, San Miguel de Catoira, San Pedro de Dimo e Santa Baia de Oeste), Dodro (Santa María de Dodro, San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño), Padrón (San Pedro de Carcacía, Santiago de Padrón, Santa María de Iria Flavia, Santa María de Cruces e Santa María de Herbón), Pontecesures (San Xulián de Requeixo), Rianxo (Santa María de Asados, Santa Baia do Araño, Santa María de Isorna e Santa María de Leiro) e Valga (Santa Cristina de Campaña, San Miguel de Valga, Santa María de Xanza, San Salvador de Setecoros e Santa Comba de Cordeiro). Nos vindeiros meses, engadiranse as parroquias de San Xens de Bamio e Santiago de Carril, pertencentes a Vilagarcía de Arousa, traballo que está a realizar Proxecto Louceiros de Bamio.
Este proxecto, realizado sen ningún tipo de subvención oficial, aspira a seguir medrando, mais como até o de agora o fixo, co traballo voluntario e desinteresado de persoas que creen no territorio no que viven.
2 opiniones sobre “Bolsa obaixoulla.gal”