Cinema social

Proxección de ‘Reboiras. Acción e corazón’

Valga acolle o sábado 13 de marzo a exhibición do filme Reboiras. Acción e corazón, nunha proxección que contará coa presenza do seu director Alberte Mera. O evento decorrerá na Casa da Cultura de Ponte Valga ás 19:00 horas. A entrada é de balde!

Dada a situación sanitaria, a sala de proxección contará cun aforo reducido, que se cubrirá por rigorosa orde de chegada.

reboiras_valga

Reboiras. Acción e corazón leva á pantalla un retrato fiel, construíndo a vida de Moncho Reboiras desde a vertente humana e política. A súa vida e o seu pensamento son recreados a través de entrevistas a 28 testemuñas que con el partillaron diversas etapas da vida. Ademais, a obra revive a través de secuencias de ficción as últimas horas de Xosé Ramón Reboiras Noia e inclúe filmacións históricas.

A memoria de Reboiras constrúese con:

  • Testemuñas: entrevistas a persoas que coñeceron persoalmente a Reboiras e partillaron con el vida persoal e/ou política.
  • Recreación de momentos claves.
  • Material de arquivo xa existente e documentos recollidos a través do traballo de investigación.

Moncho Reboiras naceu o 19 de xaneiro de 1950 en Imo (Dodro). Na madrugada de 12 de agosto de 1975 foi asasinado, converténdose na última vítima mortal da ditadura franquista na Galiza.

Xosé Ramón Reboiras Noia, con só 25 anos, sufriu múltiples disparos da policía na rúa da Terra de Ferrol. Aquel mozo de conviccións nacionalistas convertérase moi cedo en destacado membro da clandestina Unión do Povo Galego, a través da cal foi alicerce fundamental na organización de amplos sectores da sociedade galega en frontes de actuación como a sindical, a cultural ou a política.

O réxime era sabedor das grandes habilidades de Reboiras para impulsar as organizacións de masas do nacionalismo galego, mais o propio Moncho tamén era consciente da crueldade do réxime e do perigo que el mesmo afrontaba. Este será o primeiro filme documental sobre o último loitador galego morto en desigual combate contra Franco.

+info: reboiras.gal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s