Narración oral

Festival Atlántica

Chegou o Festival Atlántica a Valga! Terá lugar nun dos espazos máis bonitos e cheos de historia do noso concello, a Capela dos Martores. O 3 de xullo a partir das 20:00 horas, Lorena Pinheiro vai ofrecernos unha velada moi divertida e… para maiores de 18 anos!

Entrada gratuíta até completar a capacidade permitida.

2 pasos, 25 pesetas

Emoción, diversión e tradición empregando como ferramenta un dos apeiros máis antigos da humanidade; as historias contadas.

Conversas, contos e historias que veñen e van facendo parada na Funeraria, epicentro neurálxico de Salvaterra, onde se sitúa o bar familiar da narradora e o antigo teléfono público que daba liña cando o contador acendía en 2 pasos, por 25 pesetas.

Porque hai algo que sempre está na moda: a tentación de espreitar tras da porta. Porque hai algo que é tradición: a necesidade de contarnos a vida.

Lorena Pinheiro acompaña o espectáculo de pequenas intervencións musicais coa pandeireta da súa avoa Saladina.

Espectáculo axeitado para a comunicación escénica (libre de ruídos e interferencias) que encaixa en todo tipo de programación para público xove e adulto.

Lorena Pinheiro

Lorena Pinheiro sabe contar historias dende que as historias veñen a ela. Críase nun bar de aldea no que aprende a aplicar o método da súa avóa: escoitar para captar toda a atención da familia nos xantares dos domingos, coas últimas novidades sucedidas na parroquia. Lorena Pinheiro perfecciona o método Saladina formándose con Paula Carballeira, Celso Fdez Sanmartín, Raquel Queizás, entre outros para comezar a contar de maneira profesional no ano 2018. Forma parte dende os seus comezos do colectivo de narración oral NOGA. Sendo unha das novas voces do panorama da narración oral galega, ten contado no Festival Falando a Boca Chea da Coruña, no Falar por Falar de Pazos de Borbén, no Festival Atlántica como novas voces, no programa da TVG Luar xunto a Celso Fdez Sanmartín, nas bibliotecas de Oleiros, e en escolas, institutos e ducias de centros culturais.

+ info: Festival Atlántica

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s