obaixoulla.gal

Camiseta obaixoulla.gal

Sabías que o proxecto obaixoulla.gal | patrimonio + territorio + paisaxe non ten ningún tipo de subvención? Detrás da pantalla estamos varias persoas que con moitísima ilusión traballamos de xeito altruísta para que todas e todos poidamos desfrutar deste proxecto: desde a web, as redes sociais, o deseño corporativo, o contacto con todas e todos vós, o apoio e contacto asociativo, a documentación sobre os elementos patrimoniais… son algunhas das cousas que facemos no noso tempo libre e que, sen dúbida, non sería o que é se non fose por todas as persoas que colaboran e interactúan co proxecto! Porén, temos que pagar os custos de mantemento do mesmo: dominio, servidores… Por iso, presentámosvos a camiseta de obaixoulla.gal coa que estarás APOIANDO este proxecto! Sexas ou non sexas do Baixo Ulla, seguro que che gusta a camiseta! Agradecemos a vosa colaboración e difusión!