obaixoulla.gal

Camiseta obaixoulla.gal

Sabías que o proxecto obaixoulla.gal | patrimonio + territorio + paisaxe non ten ningún tipo de subvención?

Detrás da pantalla estamos varias persoas que con moitísima ilusión traballamos de xeito altruísta para que todas e todos poidamos desfrutar deste proxecto: desde a web, as redes sociais, o deseño corporativo, o contacto con todas e todos vós, o apoio e contacto asociativo, a documentación sobre os elementos patrimoniais… son algunhas das cousas que facemos no noso tempo libre e que, sen dúbida, non sería o que é se non fose por todas as persoas que colaboran e interactúan co proxecto!

Porén, temos que pagar os custos de mantemento do mesmo: dominio, servidores… Por iso, presentámosvos a camiseta de obaixoulla.gal coa que estarás APOIANDO este proxecto!

Sexas ou non sexas do Baixo Ulla, seguro que che gusta a camiseta!

Agradecemos a vosa colaboración e difusión!

Imprimir

Como facerte coa túa camiseta

Manda unha mensaxe de WhatsApp ao teléfono 652822427 antes de pasar a recoller a camiseta na rúa Portarraxoi, nº 39 de Pontecesures (Pasantía Peke) a un prezo de 10 €. Como chegar?

Que é obaixoulla.gal?

En decembro do 2019, a Asociación Cultural Os Penoucos presentaba o proxecto colaborativo obaixoulla.gal | patrimonio + territorio + paisaxe. Preténdese recoller nun mapa a totalidade do patrimonio cultural, natural e paisaxístico do territorio polo que discorre o río Ulla no seu treito baixo, antes de deixar de ser río e converterse en ría. Na actualidade están catalogados elementos dos concellos de Catoira (San Mamede de Abalo, San Miguel de Catoira, San Pedro de Dimo e Santa Baia de Oeste), Dodro (Santa María de Dodro, San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño), Padrón (San Pedro de Carcacía, Santiago de Padrón, Santa María de Iria Flavia, Santa María de Cruces e Santa María de Herbón), Pontecesures (San Xulián de Requeixo), Rianxo (Santa María de Asados, Santa Baia do Araño, Santa María de Isorna e Santa María de Leiro) e Valga (Santa Cristina de Campaña, San Miguel de Valga, Santa María de Xanza, San Salvador de Setecoros e Santa Comba de Cordeiro). Proximamente engadiranse as parroquias de San Xens de Bamio e Santiago de Carril, pertencentes a Vilagarcía de Arousa, traballo que está a realizar Proxecto Louceiros de Bamio.

Este proxecto, realizado sen ningún tipo de subvención oficial, aspira a seguir medrando, mais como até o de agora o fixo, co traballo voluntario e desinteresado de persoas que creen no territorio no que viven.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s