Cinema social

Cinema Social 2022

Despois de dous anos, pandemia incluída, volve o ciclo de Cinema Social de Valga coa súa edición máis alucinóxena e aditiva. O lugar das proxeccións é a Casa da Cultura de Ponte Valga (fai clic aquí se non sabes como chegar) e a entrada é de balde, até completar o aforo da sala.

cinema_social_2022

SÁBADO 12 DE MARZO

19:00 Negro Púrpura

negrpurupura

Negro Púrpura é un filme de Illa Bufarda dirixido por Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva no ano 2021. Nel retrátase a Galiza do século XX a través do Claviceps purpurea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época. Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo… este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos desde a porta da veciña até as multinacionais farmacéuticas e a CIA; desde as pragas medievais, pasando pola medicina popular, até o LSD. Historias esparexidas que deixan un gusto amargo ao pan de centeo e que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda un miolo delirante.

+info: negropurpura.gal

DOMINGO 13 DE MARZO

19:00 Take Your Pills

takeyourpills

Nun mundo ultracompetitivo, medicamentos como o Adderall potencian o rendemento de estudantes, atletas e programadores, mais, a que prezo? O documental, dirixido por Alison Klayman no ano 2018, desenvólvese a través dunha serie de entrevistas con médicos, persoas que están consumindo Adderall e outras que abandonaron a súa toma. Tamén introduce a historia da produción das anfetaminas e como evolucionou o enfoque legal e médico destas drogas.

+info: metropolitano.gal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s