Roteiros

Torres, cantigas e murallas | Roteiro lírico pola Compostela medieval

Partindo do barrio de Bonaval, convidámosvos a seguir o trazado da antiga muralla medieval que definía o espazo sagrado de intramuros e os barrios populares circundantes de Santiago de Compostela. No paseo, iremos descubrindo lugares senlleiros que contan a historia da cidade, e poderemos escoitar varias das vellas cantigas que animaban as rúas e as romerías medievais. As loitas do vecindario co poder arcebispal, as guerras das torres, e outros episodios misteriosos da cidade apostólica daranse cita no paseo.

Advertisement