O martes 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas con música! A Banda Municipal de Valga actuará na Praza de Ponte Valga ás 12:30 horas. En caso de chuvia, a actuación terá lugar no Auditorio de Cordeiro.
Autor: ospenoucos
Torres, cantigas e murallas | Roteiro lírico pola Compostela medieval
Partindo do barrio de Bonaval, convidámosvos a seguir o trazado da antiga muralla medieval que definía o espazo sagrado de intramuros e os barrios populares circundantes de Santiago de Compostela. No paseo, iremos descubrindo lugares senlleiros que contan a historia da cidade, e poderemos escoitar varias das vellas cantigas que animaban as rúas e as romerías medievais. As loitas do vecindario co poder arcebispal, as guerras das torres, e outros episodios misteriosos da cidade apostólica daranse cita no paseo.
Cinema Social 2022
Despois de dous anos, pandemia incluída, volve o ciclo de Cinema Social de Valga coa súa edición máis alucinóxena e aditiva. O lugar das proxeccións é a Casa da Cultura de Ponte Valga (fai clic aquí se non sabes como chegar) e a entrada é de balde, até completar o aforo da sala. SÁBADO 12 DE MARZO19:00… Seguir lendo Cinema Social 2022
Presentación do libro ‘Papel de Estraza’
O domingo 12 de decembro ás 18:00 horas, na Auditorio Municipal de Valga en Cordeiro, Memoria Histórica de Valga organiza a presentación de 'Papel de Estraza', libro obra de Fernando Salgado e Juan Otero. Participan: Mila Bouzón, Memoria Histórica de Valga Loli Cores, informante Juan Otero, autor Fernando Salgado, autor O libro recolle a epopea que Illa de Arousa viviu en 1934, cando un grupo de veciños decidiron proclamar unha república federal independente na Arousa, un paso que lles custaría a vida á meirande parte deles dous anos despois.
Camiseta obaixoulla.gal
Sabías que o proxecto obaixoulla.gal | patrimonio + territorio + paisaxe non ten ningún tipo de subvención?
Detrás da pantalla estamos varias persoas que con moitísima ilusión traballamos de xeito altruísta para que todas e todos poidamos desfrutar deste proxecto: desde a web, as redes sociais, o deseño corporativo, o contacto con todas e todos vós, o apoio e contacto asociativo, a documentación sobre os elementos patrimoniais… son algunhas das cousas que facemos no noso tempo libre e que, sen dúbida, non sería o que é se non fose por todas as persoas que colaboran e interactúan co proxecto!
Porén, temos que pagar os custos de mantemento do mesmo: dominio, servidores… Por iso, presentámosvos a camiseta de obaixoulla.gal coa que estarás APOIANDO este proxecto!
Sexas ou non sexas do Baixo Ulla, seguro que che gusta a camiseta!
Agradecemos a vosa colaboración e difusión!
Festival Atlántica
hegou o Festival Atlántica a Valga! Terá lugar nun dos espazos máis bonitos e cheos de historia do noso concello, a Capela dos Martores. O 3 de xullo a partir das 20:00 horas, Lorena Pinheiro vai ofrecernos unha velada moi divertida e... para maiores de 18 anos!
Coñece o Castro Valente
O sábado 19 de xuño viaxamos no tempo acompañadxs polo equipo de arqueólogxs de Castelos no aire para coñecer o Castro Valente. Lugar de encontro: Escola Unitaria de Morono (Padrón) ás 16:30 horas Para inscricións e dúbidas envíanos un e-mail: obaixoulla@gmail.com
Presentación do poemario ‘Luz do Abrente Outonizo’
Este sábado 15 de maio ás 19:00 horas, no Parque Irmáns Dios Mosquera de Valga, presentación de 'Luz do Abrente Outonizo', poemario obra de Cándido Duro Domíngue
Proxección de ‘Reboiras. Acción e corazón’
Valga acolle o sábado 13 de marzo a exhibición do filme Reboiras. Acción e corazón, nunha proxección que contará coa presenza do seu director Alberte Mera. O evento decorrerá na Casa da Cultura de Ponte Valga ás 19:00 horas. A entrada é de balde! Dada a situación sanitaria, a sala de proxección contará cun aforo… Seguir lendo Proxección de ‘Reboiras. Acción e corazón’
O Baixo Ulla amósase ao mundo no Día do Patrimonio 2020
Con motivo da celebración do Día do Patrimonio máis de cen entidades mobilizaranse na rede para dar visibilidade ao seu compromiso co patrimonio galego. Desde o ano 2017 as entidades adheridas á Rede do Patrimonio Cultural enchen o mapa de Galicia con actividades, roteiros, conferencias, visitas guiadas e moitas outras actividades. O proxecto colaborativo obaixoulla.gal,… Seguir lendo O Baixo Ulla amósase ao mundo no Día do Patrimonio 2020