Memoria histórica, Presentación

Presentación do libro ‘Papel de Estraza’

O domingo 12 de decembro ás 18:00 horas, na Auditorio Municipal de Valga en Cordeiro, Memoria Histórica de Valga organiza a presentación de 'Papel de Estraza', libro obra de Fernando Salgado e Juan Otero. Participan: Mila Bouzón, Memoria Histórica de Valga Loli Cores, informante Juan Otero, autor Fernando Salgado, autor O libro recolle a epopea que Illa de Arousa viviu en 1934, cando un grupo de veciños decidiron proclamar unha república federal independente na Arousa, un paso que lles custaría a vida á meirande parte deles dous anos despois.

Memoria histórica

Campos de concentración franquistas

Xornada arredor da memoria histórica, sobre os campos de concentración en Galiza e o papel das mulleres neses campos. Intervirán Xesús Santos (O campo de cocentración de Iria) e Montse Fajardo (Solidariedade femenina nos tempos da barbarie). Lugar: Casa da Cultura de Ponte Valga
Data: Sábado 11 de maio
Hora: 20:00 horas
Organiza: Memoria Histórica de Valga Referencias: Campo de concentración de Iria

Memoria histórica

Encontro con Francisco Martínez López “Quico”

Francisco Martínez López "Quico" é unha lenda. Nacido no 1925 en Ponferrada, formou parte de moi novo da mítica guerrilla de Manuel Girón, que levantou en Galicia o estandarte da loita conra o franquismo tras a guerra. Lugar: Teleclube de Cordeiro Data: Luns 25 de xuño Hora: 20:00 horas Organiza: Asociación pola Recuperación da Memoria… Seguir lendo Encontro con Francisco Martínez López “Quico”

Feminismo, Memoria histórica

III Xornadas da memoria histórica de Valga

III Xornadas da Memoria Histórica de Valga ESCOLAS DE LIBERDADE A represion sobre as mestras despois de Franco Aurora Marco (docente e investigadora) María Álvarez Lires (docente e investigadora) Susana Sánchez Aríns (docente e poeta) Organizan: Asociación Cultural de Cordeiro, Asociación Cultural Os Penoucos, Galería de Estudos do Baixo Ulla, Xuventudes Socialistas e o PSOE… Seguir lendo III Xornadas da memoria histórica de Valga

Memoria histórica

Homenaxe á corporación do 36

Os colectivos que conforman a Memoria Histórica de Valga farán restitución simbólica da corporación municipal. O acto terá lugar este domingo no salón de plenos da casa consistorial de Valga. Un dos efectos inmediatos do alzamento franquista de 1936 en Galiza foi a destitución das corporacións municipais democráticas dos concellos galegos. Unha medida ‘manu militari’ acompañada nas máis… Seguir lendo Homenaxe á corporación do 36

Memoria histórica

Presentación do libro “Un cesto de mazás”

A Asociación Cultural Os Penoucos organiza este domingo, ás 19:00 h, na Casa da Cultura de Ponte Valga, a presentación do último libro de Montse Fajardo Pérez, "Un cesto de mazás". Unha homenaxe imprescindible ás víctimas silenciadas do fascismo español. Proxección do vídeo "O faiado da memoria" Intervencións: Xosé M. Martínez, "Peque", dos Penoucos Raúl… Seguir lendo Presentación do libro “Un cesto de mazás”