obaixoulla.gal

Camiseta obaixoulla.gal

Sabías que o proxecto obaixoulla.gal | patrimonio + territorio + paisaxe non ten ningún tipo de subvención? Detrás da pantalla estamos varias persoas que con moitísima ilusión traballamos de xeito altruísta para que todas e todos poidamos desfrutar deste proxecto: desde a web, as redes sociais, o deseño corporativo, o contacto con todas e todos vós, o apoio e contacto asociativo, a documentación sobre os elementos patrimoniais… son algunhas das cousas que facemos no noso tempo libre e que, sen dúbida, non sería o que é se non fose por todas as persoas que colaboran e interactúan co proxecto! Porén, temos que pagar os custos de mantemento do mesmo: dominio, servidores… Por iso, presentámosvos a camiseta de obaixoulla.gal coa que estarás APOIANDO este proxecto! Sexas ou non sexas do Baixo Ulla, seguro que che gusta a camiseta! Agradecemos a vosa colaboración e difusión!

obaixoulla.gal

O Baixo Ulla amósase ao mundo no Día do Patrimonio 2020

Con motivo da celebración do Día do Patrimonio máis de cen entidades mobilizaranse na rede para dar visibilidade ao seu compromiso co patrimonio galego. Desde o ano 2017 as entidades adheridas á Rede do Patrimonio Cultural enchen o mapa de Galicia con actividades, roteiros, conferencias, visitas guiadas e moitas outras actividades. O proxecto colaborativo obaixoulla.gal,… Seguir lendo O Baixo Ulla amósase ao mundo no Día do Patrimonio 2020

obaixoulla.gal

Presentación de obaixoulla.gal

O sábado 16 de novembro, ás 12:00 horas, na Fundación Rosalía de Castro - Casa de Rosalía, terá lugar a presentación de obaixoulla.gal | patrimonio + territorio + paisaxe, o catálogo dixital aberto de elementos patrimoniais, naturais e paisaxísticos dos concellos de Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures, Rianxo e Valga. Esta actividade súmase á iniciativa da… Seguir lendo Presentación de obaixoulla.gal