Roteiro

Roteiro Penoucos_Valga libre de plásticos

O obxectivo principal, ademais de camiñar e desfrutar da contorna natural e cultural, é ir recollendo o lixo que nos atopemos ao longo do camiño. Esta iniciativa terá lugar o 21 de xullo, sendo unha maneira diferente de aproveitar o domingo, e á vez coñecer parte do territorio e paisaxes de Valga, sen esquecer a importancia da sustentabilidade.