A Asociación Cultural Os Penoucos organiza este sábado 27 de xaneiro, ás 19:00 h, na Casa da Cultura de Ponte Valga, o acto de presentación do libro “Invisibles”. Este recolle sete historias reais de malos tratos coas que visibilizar ás vítimas da violencia machista e a onda expansiva que estes episodios provocan ao seu ao redor. Intervirán Montse Fajardo, a autora do libro, e a Concelleira de Igualdade do Concello de Pontevedra, Carme Fouces.