Música, Poesía, Presentación

Presentación do libro de Diana Kurich ‘Feitas ao sisel’

Un poemario que acaba de levar o primeiro premio de poesía erótica das Illas Sisargas en Malpica.

Vai ser un espectáculo excepcional con moito arte e diversión! Non é unha presentación calquera, senón todo o contrario… A POESÍA, A MÚSICA E O BAILE únense para formar parte deste espectáculo que non te vai deixar indiferente. Non poderás de deixar de mirar ao escenario.

Non te perdas a súa presentación o venres 14 de xullo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Cordeiro (Valga). A entrada é de balde.

cartel_dianakurich

Diana Kurich

Naceu na Aldea dos Rebeldes en Campaña, Valga, aínda que actualmente vive na Cidade de Pedra máis coñecida como Santiago de Compostela.

Pertence á xeración onde para ser escrava é preciso estudar e así o fixo. Coleccionou títulos no ensino regrado ata atopar o que máis a definía e converteuse en mestra de música.

Para financiar tan cara ousadía traballou de taberneira onde coñeceu a maioría da súa rede de afectos actual e da que tanto aprende.

As súas publicacións até do de agora reducíronse ao que ela denomina “rexistros efímeros de rúa”, só recollidos en formato emocional.

Milita activamente en organizacións que comparten a interseccionalidade das loitas e sempre o fan a través da música e na rúa.

dianakurich

+ info: Diana Kurich, gañadora do premio Illas Sisargas | praza.gal

Deixar un comentario